En Marea pide unha acción coordinada na Mariña para eliminar o glifosato

O partido instrumental alerta de que este herbicida, considerado "canceríxeno" pola OMS, se está a extender "nos cultivos de fabas e millo" e na "limpeza de cunetas" da comarca

Fumigación con glifosato. EFE

En Marea Ribadeo propuxo este mércores a constitución de grupos de traballo municipais ou supramunicipais para eliminar o glifosato na Mariña Lucense, un herbicida que “se está a usar de xeito moi extendido na nosa comarca, concretamente nos cultivos de fabas e millo ou na limpeza de cunetas e espazos públicos”.

O grupo municipal de En Marea lembra que o pasado 2 de xullo, o Parlamento austríaco foi o primeiro de Europa en prohibir este herbicida, que proliferou a partir dos anos 70 “a partir dunha campaña de márketing” e que a Organización Mundial da Saúde (OMS) ten cualificado como “probablemente canceríxeno para o ser humano”.

MORATORIA ATA 2022

Ante as reclamacións de colectivos sociais e veciñais e grupos ecoloxistas, que levaron ao Parlamento europeo “deputados como Lidia Senra“, e a resistencia do sector produtor e comercializador, a Unión Europea mantén unha moratoria deste produto ata 2022.

En Marea Ribadeo lamenta que “non existen iniciativas, nin da Xunta de Galicia, nin dos Concellos, ou estas son mínimas e de escaso impacto, para acadar a sua supresión nun prazo razoable”.

Así, considera a formación política que se fai “imperativo poñer en marcha programas locais e comarcais ca máxima urxencia para reducir e suprimir este produto”.

ACORDO EN VIVEIRO

Así, insta a constituír “grupos de traballo abertos e transversais a nivel municipal ou de varios concellos e marcarse unha data límite para que toda a Mariña sexa declarada libre de glifosato, seguindo a iniciativa do Concello de Viveiro, que xa adoptou este acordo no ano 2016.

MEDIDAS

Programas de erradicación progresiva que comecen pola prohibición do uso en espazos públicos e administracións; análises periódicas e programados, de augas, alimentos ou ouriña humana; plans de información e educacionais para a veciñanza e o sector agrogandeiro; e a constitución dunha coordinadora aberta a nivel comarcal cos distintos axentes sociais, son as propostas de En Marea Ribadeo.

O partido instrumental insta a pasar “da inacción a unha posición de expectativa” para a supresión deste herbicida, “altamente prexudicial para o medio, no prazo máis curto posible”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here