InicioM.ambiente e PatrimonioO Goberno prevé rematar en agosto a recuperación da contorna do Portiño...

O Goberno prevé rematar en agosto a recuperación da contorna do Portiño de Morás

Recuperáronse oito dolos de 53 toneladas, que quedarán instalados a modo de recordatorio da súa fabricación para construír os espigóns do porto de Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central prevé rematar “no mes de agostoas obras que leva a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica de acondicionamento da contorna do Portiño de Morás, no concello de Xove.

A subdelegada do Executivo, Isabel Rodríguez, o alcalde, Demetrio Salgueiro, e o xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan, visitaron o pasado mércores as actuacións.

Os labores pendentes consisten na instalación dunhas varandas, a colocación de cartelería explicativa da actuación e tamén no sementado de céspede con terra vexetal.

SINGULARIDADE “PAISAXÍSTICA E HISTÓRICA”

Rodríguez asegurou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica desenvolve este proxecto “coa finalidade de recuperar para o uso e disfrute de veciños e visitantes unha zona de gran singularidade paisaxística e histórica do concello de Xove”.

O proxecto de recuperación ambiental tamén se aproveitará para lembrar o importante pasado industrial da zona.

Na contorna desenvolvéronse actividades relacionadas coa caza e comercialización de baleas e fabricáronse os dolos, as grandes pezas de formigón que se empregaron, ensamblándoas unhas a outras, para a construción dos espigóns do porto de Alcoa.

PASADO INDUSTRIAL

Precisamente, unha das actuacións máis chamativas deste proxecto consistiu na recuperación de oito dos numerosos dolos que foran abandonados, no seu día, nas inmediacións. Quedaron instalados a modo de recordatorio na mesma zona na que, por aquel entón, se fabricaban estas pezas.

Segundo expón o Executivo, esta foi unha das actuacións máis complicadas do proxecto xa que as 53 toneladas de peso de cada un dos dolos obrigou, para poder mobilizalos, a contar con dúas grúas móbiles autopropulsadas de gran tonelaxe, de 130 toneladas cada unha, ademais dunha cabeza tratora con plataforma.

PASEO PEONIL

Este proxecto medioambiental e etnográfico inclúe outras actuacións como a creación dun paseo peonil, o soterramento de todo o cableado de electricidade e telefonía e o acondicionamento do acceso á praia.

O paseo peonil, de madeira e dotado con mobiliario urbano, aproveita o antigo trazado da estrada, que foi desprazado cara o interior para alonxar o tráfico rodado da zona máis próxima á costa.

INVESTIMENTO DE 360.000 EUROS

O investimento alcanza os 360.000 euros. As obras comezaron en decembro pasado e a execución foille encomendada á empresa pública Tragsa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...