InicioM.ambiente e Patrimonio(VÍDEO) Expectación tras aparecer na praia do Torno unha cría de balea...

(VÍDEO) Expectación tras aparecer na praia do Torno unha cría de balea alibranca

O animal, de alomenos cinco metros de lonxitude, desorientouse e estivo a piques de varar

Publicada o

- Advertisement -

Unha cría de balea alibranca ou rorcual alibranco apareceu ao mediodía deste xoves na praia do Torno, en San Cibrao, o que provocou expectación entre os turistas e veciños que se atopaban tanto no areal como nas súas inmediacións.

Segundo expón o socorrista Antonio López, o animal, de alomenos cinco metros de lonxitude, desorientouse e achegouse a poucos metros da beira, polo que estivo a piques de varar na praia, aínda que finalmente non requeriu de axuda para volver de novo mar adentro.

SÍNTOMAS DE DESNUTRICIÓN

Esta especie de cetáceos pode alcanzar na madurez os nove metros de lonxitude e as dez toneladas. O vixilante expón que o exemplar que se achegou ao areal sancibrense tiña evidentes síntomas de desnutrición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...