InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan morta unha balea nunha cala próxima á praia de Limosa

Atopan morta unha balea nunha cala próxima á praia de Limosa

O animal levaba varios días morto e podería tratarse do mesmo exemplar, un baleato de rorcual alibranco, que foi visto a semana pasada no Torno

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Unha balea apareceu morta nunha cala próxima á praia de Limosa, en Cervo, na localidade de San Cibrao.

Segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), podería tratarse do mesmo exemplar, un baleato de rorcual alibranco, que foi visto a semana pasada por bañistas, socorristas e persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) en augas da praia do Torno, na mesma localidade.

Cadáver do cetáceo. SAN CIPRIÁN PENÍNSULA DE LA PAZ/FACEBOOK

O feito de que o animal leva varios días morto podería reforzar esa hipótese, aínda que tampouco se pode asegurar con total certeza, indicaron á prensa.

REMOLCADA A PORTO

O cadáver do animal foi retirado por efectivos do GES de Cervo, cuxos efectivos foron os encargados remolcalo até ao porto de San Cibrao con axuda dunha moto de auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...