O Concello recomenda non bañarse na praia de Celeiro alomenos esta semana

Despois de que as análises de calidade da auga ofrecesen "resultados variables", o domingo farase unha nova proba e o goberno local encargou outra alternativa ás da Xunta

Praia de Celeiro. AXM

O Concello de Viveiro recomenda non bañarse na praia de Celeiro dada a variabilidade das análises realizadas sobre a calidade da auga.

O goberno local explica que se está a realizar un seguimento da aptitude para o baño do areal, tendo en conta que as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade “teñen resultados variables“. O executivo muncipal expón que nalgúns casos deuse o resultado de non apto e as revisións pertinentes ofreceron unha valoración contraria.

No pasado martes realizouse unha analítica que deu o resultado de apta, de xeito que se fará unha nova proba o domingo. Desde o departamento de medio ambiente de Viveiro, indica o Concello, “encargouse a realización dunha analítica complementaria“. 

O Concello informará aos usuarios da praia mediante un bando e poñerá a disposición de todos os interesados, no taboleiro da praia de Celeiro, unha táboa cos resultados das analíticas que se van realizando, as cales tamén se poden consultar nesta páxina web.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here