InicioM.ambiente e PatrimonioO comercio de Mondoñedo declara a guerra ao plástico

O comercio de Mondoñedo declara a guerra ao plástico

A Aciam repartirá bolsas reutilizables para concienciar sobre a necesidade de reducir o consumo deste material non biodegradable

Publicada o

- Advertisement -

Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (Aciam), en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, iniciaron a campaña ‘Di non ao plástico’, para fomentar a conciencia medioambiental sobre o uso de bolsas deste material non biodegradable e a necesidade de reducir o seu consumo.

A través desta iniciativa, os establecementos asociados á Aciam repartirán bolsas reutilizables aos seus clientes para deste xeito implicar á sociedade na loita contra hábitos que afectan á natureza e ao medio ambiente, xa que “menos bolsas, significan máis vida”, argumentan.

Segundo o Real Decreto 29/2018 de 18 de maio sobre a redución do consumo de bolsas de plástico, é obrigatorio cobrar polas bolsas de plástico dende xullo de 2018.

Dende o 1 de xaneiro de 2020 prohibiranse as bolsas de plástico fragmentado e as grosas deben conter un 50% de material reciclado. A partir do 2021 só se poderán comercializar aquelas que sexa compostables. “É necesario aportar aos clientes bolsas de outros materiais biodegradables”, expoñen desde a Aciam.

FOMENTO DO COMERCIO LOCAL

Ángel Marful, presidente do colectivo, e Elena Candia, a alcaldesa, presentaron a campaña, que tamén procura que se merque nos establecementos locais xa que, tal e como aparece rotulado nas bolsas reutilizables que se repartirán entre os clientes, “comprándolle ao teu veciño, medra o teu pobo”.

As bolsas de distintas cores identifican aos clientes do comercio local e contribúen a construír unha imaxe de marca de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...