Novo desprendemento nas Catedrais, sen feridos

A caída de laxas é "habitual", segundo Protección Civil, nas épocas de cambio de temperaturas ou de choivas

Visitantes nas Catedrais, EFE/ELISEO TRIGO

A Praia das Catedrais, en Ribadeo, rexistrou un novo desprendemento de laxas este xoves, pero ningún visitante resultou ferido, segundo informaron fontes de Protección Civil do municipio.

De feito, estas fontes apuntan que estas caídas de pedras lisas, similares á lousa, son algo “habitual”, sobre todo cando se producen cambios de temperaturas como os destes días e choivas.

De acordo con Protección Civil, o desprendemento “debeu de ser pola mañá”, pero nunha cova e “a xente está avisada de que non pode andar polos cantís“.

ZONA SINALIZADA

Nunha xornada festiva de bo tempo en plena ponte de agosto, a zona, con numerosos turistas, foi sinalizada e logo cuberta pola marea.

En marzo do ano pasado produciuse o accidente que acabou coa vida dunha moza á que caeu unha pedra na cabeza. Estes feitos motivaron un reforzo dos estudos sobre a seguridade do areal por parte das diferentes administracións.

RESERVAS

No peche desta información límite diario de visitas ao areal (4.812 persoas ao día) está completo ata o xoves 22 de agosto, cunha única praza dispoñible para esta xornada. Para o venres 23 habería 1.099 postos dispoñibles.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here