(AMPLIACIÓN) Unha vertedura de xurro afecta ao último treito do río Eo

Os servizos de emerxencias controlan as zonas de captación do cauce ao seu paso polos concellos da Veiga, Trabada, Ribadeo e Castropol

Xurro no cauce. AXM

Os servizos de emerxencias vixían as zonas de captación de auga do río Eo despois da vertedura de xurro que se produciu este domingo.

Máis de 400.000 litros de residuos procedentes da fosa séptica dunha gandeiría da localidade vegadense de Guiar foron parar ao Ouría, que desemboca no Eo á altura de Abres.

Así, a vertedura tería contaminado os derradeiros quilómetros do río, afectando tamén aos concellos de Trabada e Ribadeo, na marxe galega, e Castropol, na asturiana.

Segundo o 112 Galicia,  membros do GES da Pontenova, Protección Civil, Policía Local de Ribadeo, Guardia Civil, técnicos da Confederación Hidrográfica do Cantábrico e do Servizo de Gardacostas “manteñen activas todas as medidas preventivas para controlar calquera indicio da chegada da mancha”

ABASTECEMENTO

Concello da Veiga aconsellou este domingo “evitar calquera actividade no cauce” aínda que sinalou que a contaminación “non afectou ningún manancial de traídas municipais ou privadas”.

Así mesmo informa que está por avaliar o impacto que a vertedura tivo sobre a desembocadura do río e sobre as praias próximas.

O incidente produciuse durante a madrugada do domingo pero foi durante a mañá cando se detectou a rotura do colector de saída da balsa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here