InicioM.ambiente e PatrimonioBarreiros mantén a recomendación de non bañarse en Arealonga á espera de...

Barreiros mantén a recomendación de non bañarse en Arealonga á espera de máis análises

Sanidade realizará esta semana novas análises despois de detectar unha alta taxa de enterococos intestinais na auga da praia

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, confirmou este luns que “a día de hoxe” séguese coa recomendación “de non bañarse” na praia de Arealonga, na parroquia de San Miguel de Reinante, debido a unha “situación de contaminación microbiolóxica temporal”.

Segundo informou a rexedora, a “analítica que se realizou pola Consellería de Sanidade a pasada semana arroxaba niveis máis altos de enterecocos intestinais e recomenda non bañarse polas consecuencias na saúde das persoas”.

A Xunta de Galicia realizará esta semana novas analíticas, con data por concretar, para ver se a situación persiste ou se xa está corrixida.

AS VERTEDURAS, HABITUAIS CADA VERÁN

Ermida indicou que esta recomendación de non bañarse “é algo habitual nesa praia, en que todos os veráns adoita pecharse, mesmo en varias ocasións e é consecuencia dos problemas de depuración que existen nos puntos de San Miguel de Reinante”.

A alcaldesa de Barreiros comentou que “hai un problema coas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) e iso ten consecuencia na chegada de augas ao propio areal”.

ERMIDA INSISTE NA NECESIDADE DUNHA NOVA EDAR

Respecto diso, admitiu que “mentres non se solucione isto coa construción dunha nova depuradora é probable que non haxa unha solución definitiva a este tipo de cuestións que aparecen en momentos puntuais derivado da carga que teñen esas EDAR”.

Ermida instou á Xunta nos últimos días a implicarse nas actuacións, mentres que o Executivo galego lembrou que o saneamento “é competencia dos Concellos” e esixiu ao goberno local a presentación dun proxecto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...