Un estudo prognostica que o cambio climático reducirá a produción dos eólicos, no Cadramón ata un 6%

A investigación prevé que se reduza a velocidade do vento cun impacto na productividade para o período 2042-2065

Parque eólico do Cadramón. MARCOS FOLGUEIRA/ALTIMETRIAS.NET

Un estudo científico con proxeccións de velocidade do vento prognostia que o cambio climático afectará á mesma e, polo tanto, á produción eólica na Península Ibérica. O do Cadramón, no concello do Valadouro, é un dos catro parques que serviron como exemplo para a investigación, ademais dos de El Perdón (Navarra), Río Almodóvar (Andalucía) e Rubió (Cataluña).

En concreto, espérase unha diminución da velocidade do vento no Cadramón en todos os  casos e neste parque eólico da Mariña central, as caídas na produción no período 2042-2065, oscilarán entre o 4,5% do escenario máis optimista, e 5,7% do máis pesimista.

RECÉN PUBLICADO

Os resultados do estudo veñen de publicarse na revista científica Renewable Energy, e podes consultalos dun xeito máis amplo nesta información do Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here