InicioM.ambiente e PatrimonioO Consello da Xunta autoriza a licitación das obras de ampliación da...

O Consello da Xunta autoriza a licitación das obras de ampliación da depuradora de Viveiro

De darse este paso, o Goberno galego comprometera ante a veciñanza o inicio das actuacións, cun prazo de 18 meses, para febreiro do ano que vén

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou este xoves a licitación das obras necesarias para ampliar a capacidades da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Viveiro, cun investimento de máis de 3,9 millóns de euros.

Segundo expón a Xunta de Galicia nun comunicado, o Executivo autonómico “pode iniciar a contratación das obras de mellora das liñas de tratamento da EDAR unha vez recibida esta mesma semana a documentación municipal necesaria“. A Xunta comprometeu ante a veciñanza o inicio das actuacións para o mes de febreiro de 2020. Estas obras dispoñen dun prazo de execución de 18 meses, que inclúen o período de posta en servizo en probas.

O obxectivo desta obra é levar a cabo as actuacións necesarias para conseguir un “tratamento completo das augas residuais do núcleo de Celeiro e incorporalas á EDAR, que necesitará ampliar as instalacións para recibir o novo efluente, aumentando a súa capacidade e optimizando o seu funcionamento”.

Esta intervención é unha das actuacións deseñadas por Augas de Galicia para a mellora do sistema de depuración en Viveiro, cun investimento duns sete millóns de euros.

No tocante ao emisario submariño roto que verte augas fecais sobre a ría, ubicado practicamente no centro do estuario, a Xunta expuxo semanas atrás que se está a redactar o proxecto técnico para a súa substitución, mentres se agarda polos resultados das probas de prospección arqueolóxica da zona. O Goberno autonómico debe remitir o documento ao departamento estatal de Costas, que debe autorizalo para iniciar o proceso de contratación de obra.

Coas actuacións tentarase dar solución á rede de Celeiro e construír unha nova condución de desaugamento submariño que se conectará ao actual tramo terrestre existente.

PRESIÓN VECIÑAL

A veciñanza de Viveiro esixiu nas últimas semanas con concentracións e unha manifestación a substitución do emisario e instou ás administracións local e autonómica a axilizar as xestións para a súa execución. A plataforma veciñal advertiu de que seguirá “cada paso” para que se acometan as obras.

O detonante do enfado da veciñanza, que agarda desde hai anos pola retirada da canalización, foi a contaminación microbiolóxica que deron as analíticas da praia urbana de Celeiro tanto do Goberno autonómico como do Concello de Viveiro, que decidiu recomendar non bañarse ata que as probas ofreceron mellores resultados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...