A Xunta achegará 120.000 euros para facer un museo na casa de Cunqueiro

O Goberno galego financiará o mobiliario, os equipos audiovisuais ou o sistema de seguridade do centro, situado na Praza da Catedral

Zona da Praza da Catedral onde está situada a casa de Cunqueiro. XURDE MORÁN

A Xunta de Galicia achegará 120.000 euros para facer un museo na casa de Álvaro Cunqueiro, que está situada na praza da Catedral de Mondoñedo.

A dotación que achegará a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abrangue a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, a produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como a adquisición de mobiliario específico para o espazo expositivo, e a documentación e deseño de contidos da musealización da vivenda do escritor mindoniense.

O conselleiro de cultura, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinaron o convenio no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.

Sinatura do convenio, con Candia e Rodríguez. AXM

“REFERENTE DO TURISMO LITERARIO”

Román lembrou que o proxecto dun museo para o príncipe das letras mindonienses “é unha aspiración colectiva do pobo de Mondoñedo”, e asegurou que a casa-museo de Cunqueiro “será un novo referente no eido do turismo literario para Galicia“.

O conselleiro recordou que tanto a cidade como a praza da Catedral son puntos do Camiño Norte e están incluídos na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here