InicioM.ambiente e PatrimonioEn Marea insiste en reclamar a publicación do convenio de cesión da...

En Marea insiste en reclamar a publicación do convenio de cesión da Torre dos Moreno

A formación avanza a presentación dun recurso de reposición tras "manter o Concello en segredo" o acordo para ceder o 21% de titularidade municipal do monumento indiano

Publicada o

- Advertisement -

En Marea reclama de novo a publicación do convenio entre o Concello de Ribadeo e a empresa Paisajes de Asturias para a permuta do 21% da Torre dos Moreno, de titularidade municipal, pola antiga Casa da Telefónica, onde o goberno local quere ubicar o xulgado de paz.

Evaristo Lombardero, voceiro de En Marea a nivel local, lembra que a finais do pasado mes de setembro a formación rexistrou un escrito para que o Concello publicase o acordo de cesión, precisando “o prezo certo” da parte municipal do monumento indiano.

Segundo En Marea, a resposta do Concello “nega a información solicitada e segue mantendo no segredo os acordos con Paisajes de Asturias”.

En Marea remarca que o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, “negociou a permuta da Torre dos Moreno sen dar contas nen informar ao vecindario”, e cuestiona a versión do Concello segundo a cal “Paisajes de Asturias son uns afeccionados que dan pesos a catro pesetas e perderon na operación máis de 100.000 euros”.

Lombardero salienta ademais que “no pleno do 1 de xullo do 2015 acordouse delegar os trámites desta operación na Xunta de Goberno, sen xustificación administrativa de ningún tipo” e cando “aínda non había oferta coñecida da empresa”.

Deste xeito, critica que o documento do convenio e a “agora tamén a acta notarial” seguen “sendo segredos”, o que ao seu xuízo fala “do modelo de democracia do BNG”. Así, avanza a presentación dun recurso de reposición.

VENTA POLÉMICA

En Marea e Partido Popular acusaron no pasado mes de maio ao goberno ribadense de “malvender” a Torre dos Moreno, acusándoo de perder 420.000 euros de obras acometidas en anos anteriores. O alcalde resaltou que “ata tres taxacións foron favorables” e argumentou que a prioridade era “solventar un problema de seguridade pública”.

Cunha titularidade fragmentada -antes do convenio, o 21% pertencía ao Concello, o 19% a propietarios sen identificar e o 60% a Paisajes de Asturias- e nun estado de semi ruína, que representa un perigo para os viandantes, o goberno local decidiu ceder a Torre dos Moreno nunha decisión que desatou a controversia, dada a singularidade e o apego dos ribadenses polo monumento indiano. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...