InicioM.ambiente e PatrimonioCinco rutas guiadas lucirán o patrimonio natural e etnográfico de Ribadeo

Cinco rutas guiadas lucirán o patrimonio natural e etnográfico de Ribadeo

O Concello abriu a inscrición para os roteiros, que serán de balde e celebraranse durante o mes de agosto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo organizará durante o mes de agosto cinco roteiros guiados para promocionar o patrimonio natural e cultural do municipio.

OS PREGUES

Un dos traxectos que programará a concellería de turismo será a Ruta dos Pregues, que sairá da área recreativa de Areosa, en Piñeira, cada luns -6, 13, 20 e 27 de agosto. O roteiro convidará a desfrutar dunha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, que se estende dende a ría de Foz ata a ría de Ribadeo.

RINLO E O SEU PERCEBE

O goberno local ofertará outra xeoruta, a dos Ollos e do Percebe. Este roteiro, que partirá da praza de Santa Catalina de Rinlo, conxugará a explicación xeolóxica co testemuño dunha percebeira, que explicará as súas vivencias e o risco que corren os profesionais para recoller o crustáceo. Será os venres 3, 10, 17, 24 e 31.

unha percebeira ofrecerá unha explicación sobre o seu oficio

AS PINTURAS MURAIS DE ARANTE

No tocante á promoción do patrimonio cultural e etnográfico, unha das rutas -que mostrará a beleza do interior do municipio- incluirá unha visita ao santuario da Nosa Señora das Virtudes para contemplar o conxunto de pinturas murais da época tardomedieval, único en Galicia. Este intinerario percorrerase os martes (7, 14, 21 e 28) desde a Ponte de Arante.

O LEGADO INDIANO

Outro roteiro, con saída na oficina de turismo, exhibirá a pegada indiana en Ribadeo. Os visitantes poderán pasear polas evidencias do auxe económico, social e urbanístico da vila nas últimas décadas do século XIX e primeiras do XX, a raíz do retorno dos emigrantes a América. O programa comeza este mércores, e seguirá os días 8, 15, 22 e 29.

as casas de fidalgos e empresarios serán o atractivo dun dos itinerarios

A VILA DOS COMERCIANTES

Finalmente, os xoves (2, 9, 16, 23 e 30) serán para a Ruta dos Comerciantes. O roteiro percorrerá as casas de fidalgos e empresarios no casco histórico de Ribadeo, declarado Ben de Interese Cultural. Tamén se visitarán construcións máis humildades, nas que vivían mariñeiros ou artesáns, ou a capela da Atalaia, do século XII e que ofrece unhas fermosas vistas. O punto de encontro será na oficina de turismo.

A concelleira de turismo, Ana Martínez, sinala que “presentamos unha serie de rutas para todos os públicos” que permitirán “descubrir o noso patrimonio e os recunchos de Ribadeo máis significativos, que en ocasións poidan pasar en certa medida desapercibidos”.

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas en participar en calquera destas cinco rutas, todas de balde, poden inscribirse xa na oficina de turismo de Ribadeo, no e-mail turismo@ribadeo.org ou cunha chamada ao número de teléfono 982.128.689”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...