InicioM.ambiente e PatrimonioSan Martiño de Mondoñedo presume do seu pasado

San Martiño de Mondoñedo presume do seu pasado

A basílica, antiga sé do Bispado, acolle a exposición itinerante sobre os 800 anos do comezo do pontificado de Martín I na catedral mindoniense

Publicada o

- Advertisement -

Dende o pasado día 8 de xaneiro e ata principios do mes de febreiro pode visitarse na basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, a exposición conmemorativa dos 800 anos do comezo do pontificado do Bispo Martín I (1219-1248) na catedral de Mondoñedo, mostra que de modo itinerante estase a expoñer na diocese mindoniense. Tralo seu paso pola propia catedral de Mondoñedo, Ferrol e Bretoña, achegase ó lugar que veu o nacemento da sede, alá polo ano 867 e na que estivo o primeiro terzo do século XII. Para inaugurar esta exposición a basílica recibiu a visita do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e dos concelleiros de Turismo e de Cultura, José María Linares e Héctor Moris.

Cajoto destaca “a importancia de San Martiño de Mondoñedo dentro desta exposición, xa que é o primeiro asentamento da diocese a súa orixe, onde bispos da relevancia de San Rosendo viviron e impulsaron a sede a ser o que é na actualidade, deixando no noso pobo un dos maiores legados histórico artísticos do arte románico galego, que é a basílica, a nosa catedral”.

DE MÉRCORES A DOMINGO

Esta mostra está exposta dentro da antiga catedral da sede, accedendo a ela polo Centro de Interpretación que se sitúa á cabeceira do templo, de mércores a domingo en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

CHARLAS

Dentro dos actos conmemorativos destes 800 anos da catedral de Mondoñedo tamén haberá en Foz varias conferencias. A primeira será este venres, día 10, ás 20.00 horas e será impartida por Ramón Yzquierdo Perrín, licenciado en Filosofía e Letras, doutorado e catedrático de Historia do arte na Universidade da Coruña. A charla versará sobre ‘As catedrais medievais de Mondoñedo: arquitectura e escultura‘. E o día 24 deste mes a veciña de Ribadeo Celia Castro Fernández exporá a ‘Iconografía dos capiteis da catedral de Mondoñedo‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...