(VÍDEO) En Marea leva ao Parlamento “o espolio” do parque eólico Sasdónigas

Denuncia que a empresa Norvento, co "desleixo" da Xunta, "paga 0,17 euros por metro cadrado" e na maioría de casos realízase un "pago único de 1.000 euros" por 31 anos de ocupación

Os representantes de En Marea e de ACOUGA, e algúns propietarios, no Parlamento. AXM

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o coordinador da formación en Mondoñedo, Manuel Germade, ademais do presidente de ACOUGA (Asociación Galega de Consumidores e Usuarios), Manuel Pérez Arias, entre outros, mantiveron unha xuntanza cos afectados polo parque eólico Sasdónigas no Parlamento Galego. Despois da reunión proxectaron un documental que denuncia as “irregularidades” cometidas coa instalación dos aeroxeneradores.

A formación denunciara con anterioridade danos a un campamento romano e no Camiño de Santiago por mor do parque e censura a “ruína” e o “espolio” que supuxo para os propietarios das terras nas que se ubicou, xa que a empresa Norvento, coa “deixamento da Xunta de Galicia“, “paga 0,17 euros por metro cadrado e na maioría de casos realízase un “pago único de 1.000 euros” por 31 anos de ocupación.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here