O dono da parcela do castro de Barreiros coloca o cartel de “non aparcar”

Mariña Patrimonio lamenta que as administracións "non asuman as súas abrigas e continúen ausentes"

Advertencia de non aparcar colocada polo propietario da finca. MARIÑA PATRIMONIO

Un cartel advirte que non se pode aparcar na parcela do castro da Punta de San Pedro de Benquerencia. O propietario do terreo colocou o aviso este sábado polo serán para evitar que a finca siga a ser empregada como aparcadoiro polas autocaravanas, como denunciaron Mariña Patrimonio e ADEGA que consideran que o estacionamento e o tránsito de vehículos poden danar o xacemento, e que non son compatibles coa protección da que goza.

“Consideramos lamentable que os responsables de patrimonio e os encargados de que se cumpra a protección patrimonial das normas municipais non asuman as súas obrigas e continúen ausentes”,  sinalou o presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, que este sábado acompañou a eurodiputada Lidia Senra nunha visita á zona.

“Sen o apoio e sen a implicación das administracións,veremos se abonda co esforzo e coa vontade do propietario da parcela para solucionar este problema”, engadiu Miranda, quen criticou que o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, vertera a responsabilidade sobre o dono da finca. “Tanto o concello como a Xunta de Galicia teñen a obriga e os medios para desaloxar as autocaravanas  e evitar que sigan aparcando alí”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here