InicioM.ambiente e PatrimonioA tempada de visitas á Cova do Rei Cintolo comeza este domingo

A tempada de visitas á Cova do Rei Cintolo comeza este domingo

Haberá dous horarios os venres, sábados e domingos, e desde abril ofertarase unha nova quenda vespertina para coñecer a cavidade

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro día 1 de marzo comeza a nova tempada de visitas á Cova do Rei Cintolo do presente ano 2020. O Concello de Mondoñedo informa de que se poderá visitar a cavidade os venres, sábados e domingos ás 12.00 horas e ás 17.00 horas. En horario de verán (a partir do mes de abril) haberá unha nova quenda ás 18.30 horas.

Na ponte de San Xosé, en marzo, será posible visitar a cova dende o xoves día 19 ata o domingo 22 e durante a Semana Santa, xa no mes de abril, poderase visitar a mesma todos os días da semana en tres quendas (12.00, 17.00 e 18.30 horas). En todas as pontes e días festivos do ano será posible visitar a cavidade, a meirande de Galicia, e durante os meses de verán as visitas serán nas tres quendas indicadas todos os días da semana (de luns a domingo).

As visitas guiadas fanse a unha cova en estado natural -polo que se solicita un estado físico e mobilidade normal- a través dun percorrido atractivo, nunha contorna segura.
O percorrido, duns 300 metros, realízase polo sector central nun tempo estimado dunha hora e quince minutos. Proporciónase casco con iluminación, luvas e un mono de celulosa e é preciso traer calzado pechado con fondo de goma para evitar esvaróns. Tamén se recomenda traer roupa que non importe manchar, e mesmo, roupa para mudarse tras a visita.

RESERVAS

As visitas son sempre guiadas en grupos reducidos e a idade mínima son doce anos. Os grupos oscilan entre catro persoas de mínimo e dez de máximo. O punto de encontro do grupo co guía é a Oficina Municipal de Turismo, situada nun edificio próximo á Catedral de Mondoñedo, 45 minutos antes das horas de visita establecidas en cada tempada. O traslado dende alí ata a cova debe facelo cada visitante ou grupo, polos seus propios medios. O guía, irá indicando o camiño. O custo é de 15 euros por persoa e informan e reservan no número de teléfono 982.50.71.77.

RECURSO TURÍSTICO EN AUXE

A Cova do Rei Cintolo é un recurso turístico en auxe para Mondoñedo e A Mariña Lucense, pois ao longo dos últimos anos medrou progresivamente o número de visitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...