Lídia Senra pregunta á CE se caben sancións ás administracións polo camping no castro de Barreiros

A eurodeputada asegura que a actuación das institucións "contravén claramente as prácticas de protección do patrimonio cultural europeo"

Visita de Lídia Senra ao castro. AXM

A eurodeputada Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea / Esquerda Verde Nórdica, rexistrou este luns un escrito dirixido á Comisión Europea (CE) para denunciar o uso do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, en Barreiros, como zona de aparcadoiro de autocaravanas malia ser unha zona protexida.

Senra, que visitou estes días o xacemento, asegura que “parece claro que permitir aparcar a autocaravanas enriba dun ben patrimonial, como o xacemento arqueolóxico do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, contravén claramente as prácticas de protección do patrimonio cultural europeo“.

A eurodeputada pregúntalle á CE “que recomendacións fai” para “frear o deterioro do patrimonio” e se podería sancionar ás administracións que non cumpran cos parámetros de protección. A Comisión Europea deberá dar unha reposta nun prazo de entre catro e seis semanas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here