InicioM.ambiente e PatrimonioSargadelos creará un museo que incluirá a vivenda de Díaz Pardo

Sargadelos creará un museo que incluirá a vivenda de Díaz Pardo

A Xunta destaca que o conxunto museográfico será "un impulso para o turismo cultural" na Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, visitou este luns a sede da fábrica de Sargadelos en Cervo, Lugo, onde está previsto crear un conxunto museográfico que permita poñer en valor o legado da empresa, así como a vivenda de Isaac Díaz Pardo, do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento, que foi construída na década dos 70 nas inmediacións da fábrica.

Rodríguez estivo acompañado polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e pola edil de cultura, Dolores García Carmés. Durante a súa visita, o representante do Goberno autonómico amosouse “convencido” de que este novo proxecto funcionará como un motor “para impulsar o turismo cultural dentro da Mariña Lucense”, xa que “permitirá ampliar a oferta de que poderán gozar todos os visitantes nesta zona ao mesmo tempo que se pon en valor algo tan característico da cultura e creación artística de Galicia como é a cerámica de Sargadelos”.

Un dos elementos máis destacados deste novo proxecto museográfico é a casa de Díaz Pardo, unha vivenda que forma parte do conxunto e que está incluída na declaración de Ben de Interese Cultural (BIC). Trátase dunha iniciativa que coincide coa celebración do centenario do seu nacemento, unha efeméride que a Xunta ten previsto conmemorar cunha exposición na Cidade da Cultura.

BIC DESDE 2014

O conxunto da fábrica de Sargadelos de Cervo está declarado BIC desde o ano 2014. Dentro deste recoñecemento inclúese, ademais da casa de Díaz Pardo, o edificio circular de Andrés Fernández-Albalat, no que se conxuga a tradición e a modernidade e no que destaca o expresionismo da estrutura de formigón, ou o auditorio e departamento de Arte e Comunicación, creado para converter a fábrica de Sargadelos nun foco de actividade cultural libre, artística, de experimentación formal e investigación arredor do deseño industrial. O conxunto complétase cunha Escola de Tecnoloxía e Laboratorios, unha piscina descuberta, unha pasarela metálica e unha marquesiña de formigón.

POLÉMICA POLO PINTADO SEN AUTORIZACIÓN

No pasado mes de maio, a Xunta anunciou que abrira expediente sancionador a Sargadelos por pintar sen autorización a fachada da planta circular, despois da denuncia pública da agrupación Mariña Patrimonio. Daquela, o conselleiro delegado do grupo empresarial, Segismundo García, lamentou que a declaración do conxunto como BIC era “unha carga e un incordio importante” para a operatividade da factoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...