Un cachorro de balea común ou baleato apareceu morto na tarde deste xoves en San Cibrao, en concreto na praia do Torno.
Segundo informaron fontes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), o exemplar, de aproximadamente seis metros de lonxitude, varou xa morto no areal sancibrense sobre as tres da tarde.
— Ovidio González (@ovidio_gonzalez) March 12, 2020
Operarios municipais encargáronse de retirar o cadáver. O vindeiro venres, segundo informaron as mesmas fontes da coordinadora ecoloxista, a unidade móbil do Cemma desprazarase ao municipio de Cervo para recoller datos e mostras a fin de realizar a necropsia do animal.