Os visitantes seguen a entrar nas covas das Catedrais malia o risco de desprendementos

A xente desoe as advertencias das administracións trala morte dunha moza no pasado marzo

Unha nena camiña por unha das covas da Praia das Catedrais, en Ribadeo / Youtube

Os centos de visitantes que estes días se achegan a Praia das Catedrais seguen entrando en covas e cavidades, a pesar do risco de desprendementos e das alertas que dan as distintas administracións á hora de acceder ao famoso areal.

Neste vídeo vese como os turistas exploran esas covas e se achegan aos cantís, a pesar dos desprendementos que tiveron lugar lugar hai uns días e da morte dunha turista no pasado mes de marzo tras caerlle unha pedra na cabeza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here