InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta admite que o psílido africano dos cítricos xa se espalla...

A Xunta admite que o psílido africano dos cítricos xa se espalla polos 16 concellos da Mariña

Esta praga, que transmite unha bacteria causante da enfermidade do "greening", documentarase por primeira vez en Galicia no 2014, nas provincias da Coruña e Pontevedra

Publicada o

- Advertisement -

O psílido africano dos cítricos, Trioza erytreae Del Guercio, orixinario de África e amplamente distribuído nese continente, foi detectado en Europa inicialmente nos territorios insulares das Azores, Madeira e Canarias. En prospeccións oficiais realizadas durante o ano 2014 detectouse a presenza deste organismo nocivo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se concretan as zonas demarcadas pola presenza da praga. Nun anexo desta resolución especifícanse, mediante un mapa, os concellos demarcados. A esta altura, os 16 concellos da Mariña Lucense están afectados.

LUGO A MARIÑA CENTRAL ALFOZ Adelán (Santiago), As Oiras (San Mamede), Bacoi (Santa María), Carballido (San Sebastián), Lagoa (San Vicente), O Castro de Ouro (San Salvador), O Reirado (Santa María) e San Pedro de Mor (San Pedro)
LUGO A MARIÑA CENTRAL BURELA TODAS
LUGO A MARIÑA CENTRAL FOZ TODAS
LUGO A MARIÑA CENTRAL LOURENZÁ Lourenzá (Santa María) e San Xurxo de Lourenzá (San Xurxo)
LUGO A MARIÑA CENTRAL MONDOÑEDO A Couboeira (Santa María Madanela), Argomoso (San Pedro), Figueiras (San Martiño), Lindín (Santiago), Masma (Santo André), O Carme (Nosa Señora do Carme), Oirán (Santo Estevo), Os Remedios (Nosa Señora dos Remedios), San Vicente de Trigás (San Vicente), Santa María Maior (Santa María), Santiago de Mondoñedo (Santiago), Vilamor (Santa María) e Viloalle (Santa María)
LUGO A MARIÑA CENTRAL O VALADOURO A Laxe (San Xoán), Budián (Santa Eulalia), Ferreira (Santa María), Frexulfe (Santa Eulalia), Moucide (Santo Estevo), Recaré (San Xiao), San Tomé de Recaré (San Tomé), Santa Cruz do Valadouro (Santa Cruz) e Vilacampa (Santa María)
LUGO A MARIÑA OCCIDENTAL CERVO TODAS
LUGO A MARIÑA OCCIDENTAL O VICEDO TODAS
LUGO A MARIÑA OCCIDENTAL OUROL TODAS
LUGO A MARIÑA OCCIDENTAL VIVEIRO TODAS
LUGO A MARIÑA OCCIDENTAL XOVE TODAS
LUGO A MARIÑA ORIENTAL A PONTENOVA Rececende (San Xoán), Santo Estevo de Rececende (Santo Estevo), Vilameá (San Vicente) e Xudán (Santa María Madanela)
LUGO A MARIÑA ORIENTAL BARREIROS TODAS
LUGO A MARIÑA ORIENTAL RIBADEO TODAS
LUGO A MARIÑA ORIENTAL TRABADA A Fórnea (Santo Estevo), A Ría de Abres (Santiago), A Valboa (Santa María Madanela), Trabada (Santa María) e Vidal (San Mateo)
LUGO MEIRA RIOTORTO A Muxueira (San Lourenzo), Espasande de Baixo (Santa María), Riotorto (San Pedro) e Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

 

O psílido africano dos cítricos, Trioza erytreae, é unha praga regulada na normativa comunitaria. Trátase dun vector de transmisión da bacteria que causa o Huang Long Bing (HLB) ou enverdecemento (“greening”) dos cítricos. O HLB, á súa vez organismo regulado na UE, deteriora a calidade e sabor do froito podendo en poucos anos matar a árbore afectada.

TENTATIVA DE FAVORECER A MOBILIDADE

A Xunta resolveu autorizar o movemento e a comercialización de vexetais procedentes de viveiros con protección física, sempre que recibisen inspección previa no viveiro e que nos 200 metros ao redor do mesmo non se detectara o insecto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...