InicioM.ambiente e PatrimonioAnalíticas municipais sobre a auga e a area na praia de Covas...

Analíticas municipais sobre a auga e a area na praia de Covas dan resultados “favorables”

O Concello encargou probas quincenais durante os próximos dous meses ante a preocupación veciñal polo vertido na zona dos Castelos tralas tarefas de dragaxe na ría

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro emitiu un comunicado de prensa no que asegurou que, tralas labores de dragaxe realizadas por Portos de Galicia na ría, encargou a realización de diversas analíticas co obxectivo de coñecer o estado actual tanto da praia de Covas como das augas de baño. O executivo municipal e o BNG viveirense fixéranse eco da “preocupación” veciñal polo vertido de area dragada no areal, ante o que a Xunta de Galicia asegurara que o procedemento contaba “con todas as garantías”.

Segundo explica o goberno local, “tomáronse mostras en dous puntos da auga e en catro puntos da area, en todos os casos na zona de vertido; nas análises realizadas, sobre parámetros microbiolóxicos, obtivéronse resultados favorables en todos os casos”.

O executivo municipal, con todo, apunta que repetirá as probas “dentro de quince días”, incorporando un test de metais pesados, a fin de “comprobar a evolución destes resultados”. Un protocolo que repetirá “ao longo dos dous vindeiros meses“.

Este procedemento completará o seguimento medioambiental das obras de dragaxe “que corresponde a Portos de Galicia, segundo o establecido no Programa de vixiancia ambiental incluído no proxecto da obra, no que se prevé a realización de diversas actuacións, controis, informes e analíticas antes, durante e despois das propias labores de dragaxe; unha empresa contratada polo ente autonómico estase a encargar de executar este programa”, remarca o executivo local.

Ademais, o Concello de Viveiro salienta que solicitou a Portos de Galicia unha copia dos informes que se emitan, por parte dos técnicos competentes, con respecto a este seguimento medioambiental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...