Ecoloxistas piden evitar batidas en Xove e resarcir aos gandeiros afectados polo lobo

Franz Weber cre que «o exterminio local» do cánido «non é a solución» aos problemas de convivencia entre o ser humano e a fauna salvaxe

Lobo. AXM

A Fundación animalista Franz Weber mostrou o seu «rotundo» rexeitamento á posibilidade de autorizar batidas contra o lobo no municipio de Xove e pediu axudas para os gandeiros afectados polos ataques dos cánidos.

«O exterminio local dese carnívoro non vai rematar cos problemas de convivencia coa fauna silvestre», expuxo a entidade ante unha situación denunciada tanto por gandeiros como pola propia alcaldía.

Franz Weber reclama que se intensifiquen as medidas de prevención e insta á Xunta de Galicia a «paliar de forma digna» as perdas que poida ocasionar o impacto dos animais na agricultura e na gandería.

Segundo a fundación, a normativa autonómica, do 2008, está «desfasada». Así, reclama á Xunta que colabore con «campañas de sensibilización» a desmontar «crenzas» sobre a abundancia do lobo que considera sen fundamento.

Neste sentido, Franz Weber insta a evitar o «vergoñento desenlace» acontecido en Friol no ano 2017, cando nunha batida autorizada «tras presións similares ás de Xove» os cazadores tirotearon «un can presumiblemente abandoado».

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here