Solicitan a declaración de BIC para as alfombras florais galegas

A Federación Galega, composta por alfombristas de once municipios, entre eles Burela, presentan un informe histórico e antropolóxico para reivindicar o valor dos tapices

Alfombras florais de Burela. AXM

A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera solicitou perante a Xunta de Galicia a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o alfombrismo galego, entendido como “o conxunto de técnicas e coñecementos ancestrais que dan apoio aos tapices que se confeccionan nos espazos públicos das localidades galegas”.

A Federación Galega, composta polos alfombristas de Ponteareas, Bueu, Rianxo, Moaña, Ames, Cela (Bueu), Redondela, Cangas do Morrazo, Burela, Miño e Cerponzóns (Pontevedra), lembra que o alfombrismo xa foi declarado BIC polos Gobernos de Cataluña, Canarias, Castela-León e Murcia.

DESDE 1323

Os solicitantes sosteñen que Galicia “é a comunidade autónoma que aglutina máis colectivos alfombristas en todo o estado, polo que este arte efémero debe ser considerado como Patrimonio Inmaterial. A Federación galega de alfombristas encomendou un informe histórico e antropolóxico, o “primeiro e único” feito por agora en Galicia sobre este tema, á investigadora Ana Filgueiras Rei, que fixa a orixe do alfombrismo galego no ano 1323, en Ourense.

Actualmente, máis de 100 localidades galegas confeccionan alfombras efémeras no seu espazo público. Filgueiras Rei afirma que “as celebracións florais manifestan o xenio, a poética e a alegría espiritual do pobo galego” e son “reliquias culturais nas que converxen aspectos e saberes de diversa procedencia, sendo ao mesmo tempo unha expresión individual e colectiva, antiga e nova, con vocación universal”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here