InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta recomenda non bañarse en cinco praias da Mariña e dá...

A Xunta recomenda non bañarse en cinco praias da Mariña e dá o visto bo a O Cantiño e Ril

O Concello de Burela alertara o pasado luns da presenza de enterococos intestinais e e.coli, unha situación "temporal" que cesou

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) recomenda non bañarse en sete praias costeiras da Mariña Lucense, segundo os resultados das analíticas de contaminación microbiolóxica realizadas.

Trátase dos areais de Sacido (Viveiro), pechado de forma temporal por ter unha clasificación sanitaria insuficiente, e Rueta (Cervo), Arealonga e A Pampillosa (Foz), Arealonga (O Vicedo) e O Cantiño e Ril (Burela), se ben nestes dous últimos casos o Concello informou no mediodía deste mércores de que no último test da Consellería de Sanidade, realizado nas últimas horas, a calidade das augas resultou “excelente”, pois a “situación temporal” de presenza de enterococos intestinais e escherichia coli dos referidos areais “finalizou ou cesou”.

"O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Burela procede a informar a todas as persoas usuarias das Praias de Ril e O…

Publicada por Concello de Burela en Lunes, 17 de agosto de 2020

Deste xeito, sinala a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, o baño nestes areais “non representa risco algún para a saúde humana”, tras dúas xornadas de contaminación temporal.

O AREAL FLUVIAL DE TRONCEDA TAMPOUCO SUPERA OS TESTS

No tocante ás praias fluviais, tampouco superou os tests realizados a do río Tronceda, na área recreativa Coto da Recadeira, en Mondoñedo.

Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...