InicioM.ambiente e PatrimonioA Mariña e Barreiros, entre as zonas que menos arderon en Galicia...

A Mariña e Barreiros, entre as zonas que menos arderon en Galicia nos últimos 15 anos

O municipio barreirense é o segundo da comunidade no que menos hectáreas se incendiaron e o terceiro no tocante ao coeficiente de parcelas por lume

Publicada o

- Advertisement -

O municipio de Barreiros é o segundo de Galicia que menos hectáreas queimadas padeceu nos últimos 15 anos, segundo o informe “Influencia de la realidad socioeconómica de Galicia en la dinámica de producción de incendios forestales”.

Os municipios con menor  número  de hectáreas  queimadas  durante  este quince anos foron Mugardos (A Coruña), con 3,3 hectáreas, Barreiros en Lugo, con 4,4, e Cabanas (tamén na provincia coruñesa). Que teñen estes concellos para ser onde menos arde de Galicia? Todos eles están nas provincias do norte de Galicia,  dispoñen de menos hectáreas forestais en comparación cos municipios máis afectados, e por último, a provincia de Lugo conta coa maior superficie forestal xestionada para produtos  madeireiros.

No tocante ao coeficiente de héctareas por incendio, só por detrás de Cambados (Pontevedra) e Mugardos, con 0,15 hectáreas por lume, está Barreiros, con 0,18. O  municipio  onde  o  cociente  alcanza  un  valor  máis  elevado ao longo destes quince anos foi en Cerdedo (37,5), en Pontevedra, seguido por Ribeira de Piquín (32,3), en Lugo. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...