InicioM.ambiente e PatrimonioO PP de Viveiro pide que se recupere o edificio da Sociedade...

O PP de Viveiro pide que se recupere o edificio da Sociedade de Fabricantes, Conservas e Salgaduras

Insta ao Concello a comprar ou acadar a cesión do edificio para utilizalo como sé de actividades culturais ou deportivas

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Viveiro solicita ao goberno local a recuperación do edificio Sociedade de Fabricantes, Conservas e Salgaduras do Norte de Galicia. Así se expresa na moción que os conservadores veñen de rexistrar, e que será debatida no Pleno que a Corporación celebrará este mes.

Os populares consideran “urxente” a actuación do Concello respecto deste inmoble en desuso, co fin de non só mellorar o estado físico no que se atopa, senón de poñelo en valor. “E é que este edificio foi a antiga sede desta importante entidade para Celeiro, construída alá polo ano 1929 en terreo cedido polo Instituto Social da Mariña, con dúas plantas e unha superficie duns 220 metros cadrados”, remarcan.

“Deste xeito, a súa mellora tamén permitiría cumprir outro dos obxectivos: facelo útil á sociedade viveirense e poñer fin así a un proceso continuado no tempo de intentarlle buscar unha función pública que nunca prosperou nin se levou a cabo, pois tan só chegou a albergar de modo provisional o Pósito de Pescadores, a pesares de que, no seu momento, se especulou con destinalo á escola náutico pesqueira ou con habilitalo para ser a sede da Delegación de Pesca“, remarcan os populares. Con todo, e unha vez cesada a actividade para o que naceu, si que se converteu nun local importante para o barrio de Celeiro ao dedicarse a bar con teléfono público e sala de xogos.

Por este motivo, dende o grupo municipal popular de Viveiro entenden que a veciñanza de Celeiro, “con todo o que leva aportado ao noso Concello, ben se merece poder desfrutar dun local para actividades culturais-deportivas, sen ánimo de lucro, e que mellor que un local cheo de historia e emblemático como este”, apuntan.

MOCIÓN

Con estes argumentos, diríxense ao goberno local. Neste senso, o acordo que plantexan inclúe dous puntos moi concretos. Son os seguintes:

-Que o equipo de goberno faga as xestións necesarias para poder adquirir o local, mediante compra ou cesión, e rehabilitado para uso e desfrute da veciñanza a través das asociacións deportivas ou culturais do pobo de Celeiro.

-En caso de que a compra ou cesión non fose posible, que o Concello inste aos seus propietarios á reparación e conservación polo menos da fachada para dar a imaxe que merece o pobo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...