InicioM.ambiente e PatrimonioO PP pide ao Concello que xestione a cesión do mosteiro de...

O PP pide ao Concello que xestione a cesión do mosteiro de Valdeflores

Os conservadores rexistran unha moción para que o goberno de Viveiro reclame o conxunto e evite "a ruína" do edificio, deshabitado trala marcha da Orde Dominica

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro presentou unha moción para debater no vindeiro pleno ordinario a fin de que o goberno local faga “as xestións precisas” coa orde relixiosa titular do mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores para “conseguir a cesión do edificio”.

O grupo conservador destaca que o inmoble, no emblemático barrio de Xunqueira, “representa un gran valor histórico patrimonial e arquitectónico para Viveiro” e lembra que este conxunto “está protexido como Monumento Nacional. A administración pública ten a obriga de velar pola conservación do patrimonio histórico-cultural e xestionalo da maneira que resulte máis útil para os administrados”, argumenta o PP viveirense para defender a súa iniciativa.

O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez sinala que “a súa fundación remóntase ao século XV e o edificio do mosteiro é de finais do XVII. Parece que consta que a súa realización foi feita con doazóns do pobo de Viveiro”. Ademais, engade que “en xuño de 2018 foi abandonado pola Orden Dominica (actual propietaria) e todo apunta a que non se propón reiniciar a súa actividade en dito mosteiro”.

Ademais, “despois das riadas de novembro en Xunqueira vese especialmente danada a planta baixa, onde estaban os obradoiros e a residencia, con máis de 20 habitacións; as plantas 1 e 2 están en bo estado”.

UN RECINTO “REPLETO DE BENS CULTURAIS, DOCUMENTAIS, MOBILIARIOS E ARTÍSTICOS”

Os edís populares destacan que “trala última rehabilitación conta cun tellado en moi boas condicións”. Sinalan que dende dita riada só a directiva da Confraría vela pola súa integridade, sabedores do perigo que esta situación supón para un recinto repleto de bens culturais, documentais, mobiliarios e artísticos.

No PP avisan de que “un inmoble deshabitado e sen función algunha acaba por deteriorarse completamente”; din que o Concello “non pode deixar que un edificio así se encamiñe á ruína“. Conclúen destacando “os moitos servizos” que este edificio podería prestar ao municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...