InicioM.ambiente e PatrimonioDocumentado un novo castro na ría do Barqueiro

Documentado un novo castro na ría do Barqueiro

Segundo concreta Mariña Patrimonio, o xacemento está situado na Punta Preguntoiro, na parroquia de Mogor, e ten unha forma ovalada de 110 x 85 metros de diámetro

Publicada o

- Advertisement -

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio vén de documentar un novo castro no concello de Mañón (A Coruña).

O xacemento, situado na ría do Barqueiro, concretamente na Punta Preguntoiro, na parroquia de Mogor, ten unha forma ovalada de aproximadamente uns 110 x 85 metros de diámetro. “Aínda que o sitio arqueolóxico se atopa plantado de eucaliptos e cuberto dunha espesa matogueira, obsérvanse claramente tanto o foxo coma o parapeto que defendían este antigo poboado”, remarcan desde a agrupación.

O COLECTIVO PIDE Á XUNTA QUE PROTEXA O SITIO ARQUEOLÓXICO

Este ben patrimonial non figura nin no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia nin no do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mañón, polo que Mariña Patrimonio vén de solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, a inclusión deste novo xacemento.

“Ante o temor de que a Consellería de Cultura boicotee a Mariña Patrimonio e non atenda a solicitude presentada, esta asociación achegou tamén unha solicitude ao Concello de Mañón para que inste á DXPC a catalogar e protexer este novo castro documentado no seu municipio”, conclúe o colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...