InicioM.ambiente e PatrimonioSan Tirso de Portocelo segue a dar novidades: aparecen estruturas de varios...

San Tirso de Portocelo segue a dar novidades: aparecen estruturas de varios edificios do castro

Os muros atopanse en bo estado de conservación e os arqueólogos cren que teñen unha cronoloxía de época galaicorromana, como os xacementos de San Cibrao e Fazouro

Publicada o

- Advertisement -

O xacemento de San Tirso de Portocelo segue a deixar sorpresas. Se no inicio da escavación atopouse unha necrópole medieval con alomenos cinco tombas, urante a segunda semana de escavación, segundo concretou a empresa –CaDo– que se encarga dos traballos, apareceron estruturas de pedra de varios edificios pertencentes ao castro.

As estruturas, expuxeron os arqueólogos, “atopanse en bo estado de conservación e posiblemente teñan unha cronoloxía de época galaicorromana, como os castros de Punta Atalaia (San Cibrao) ou Fazouro (Foz).

Posteriormente, e anulando parcialmente o sistema defensivo do castro asentaríase o mosteiro dúplice do século VIII, coa necrópole asociada.

O SÁBADO, XORNADA DE PORTAS ABERTAS

A semana próxima rematarán as escavacións arqueolóxicas cunha xornada de portas abertas preparada para o sábado 17 de outubro. Debido á situación actual de pandemia, prégase ás persoas que desexen achegarse, que o fagan inscribíndose previamente no consistorio de Xove.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...