InicioM.ambiente e PatrimonioComeza a prospección arqueolóxica do xacemento do Carreiro-Marzán

Comeza a prospección arqueolóxica do xacemento do Carreiro-Marzán

A campaña, que durará dous meses, centrarase entre A Rapadoira e Peizás, para comprobar o estado dos terreos onde se atoparon restos e xeolocalizar as bocas e galerías mineiras

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou a través dun comunicado o inicio en Foz das prospeccións arqueolóxicas para documentar e caracterizar a época á que pertencen os diferentes restos do sitio arqueolóxico do Carreiro-Marzán, que abarca tres penínsulas costeiras e no que existen restos murais e evidencias materiais da idade de Ferro e ao período romano. A asociación Mariña Patrimonio asegurou en 2012 que este xacemento se trata dun castro costeiro.

A campaña, que se prolongará durante dous meses, centrarase no treito do litoral comprendido entre as praias da Rapadoira e de Peizás co obxectivo de comprobar o actual estado das seccións do terreo nas que se documentaron estruturas e materiais arqueolóxico en anos anteriores, así como xeolocalizar as diferentes bocas e galerías mineiras existentes antes de que a erosión mariña elimine os rexistros que se conservan.

Ademais, nunha segunda fase, realizaranse dúas sondaxes arqueolóxicas valorativas co fin de caracterizar a cronoloxía dos restos neste sitio arqueolóxico. A actuación completarase con accións divulgativas para difundir os resultados obtidos e a posta en valor do xacemento arqueolóxico na comunidade local.

CANTÍS DE FORTE PENDENTE

A Xunta lembra que o treito de costa sobre o que se actuará está dominado por unha liña de cantís de forte pendente no que se inxiren pequenos entrantes en forma de cala e no que se documentaron varias aberturas e mesmo unha galería de explotación mineira feita con instrumentos metálicos. Neste espazo, aínda que non foron descubertos materiais arqueolóxicos que permitan determinar a cronoloxía destas minas, si se documentaron na superficie restos asociados a material arqueolóxico do período castrexo ou romano.

A actuación levada a cabo no concello de Foz enmárcase no proxecto de control xeométricos e monitorización de xacementos arqueolóxicos na Mariña lucense que iniciou a Consellería de Cultura e Educación, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no ano 2016 co obxectivo de avaliar os efectos da erosión costeira en diferentes sitios arqueolóxicos da comarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...