InicioM.ambiente e PatrimonioAs conclusións dun estudo xeolóxico sobre As Catedrais: "caen bloques a diario,...

As conclusións dun estudo xeolóxico sobre As Catedrais: “caen bloques a diario, sobre todo tras temporais”

Unha investigación da Universidade da Coruña alerta de que as caídas "pasan desapercibidas" ao minguar o número de visitantes ao monumento natural durante a tempada baixa

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un estudo realizado na Universidade da Coruña (UDC) xa alertaba hai un ano do risco “considerable de desprendementos” no Monumento Natural da Praia das Catedrais, segundo informou hoxe a propia institución académica, despois de que esta semana se esborrallara parte dun dos arcos desta singular paisaxe, un dos lugares máis visitados de Galicia.

Unha das conclusións do informe realizado hai un ano por profesores universitarios especializados en Xeoloxía, Enxeñaría de Costas e Xeotécnica era que “o retroceso global do cantil en Augas Santas é un proceso lento no que, si non se realiza ningunha intervención de consolidación, o risco de caídas illadas de bloques medianos ou pequenos é considerable“.

O estudo foi coordinado polo profesor de Xeotécnica, Luís Medina Rodríguez, e no seu desenvolvemento participaron Javier Cremades, catedrático de Bioloxía; Jesús Fernández Ruiz, profesor asociado de Xeotécnica, ambos da UDC; José María Rodríguez, catedrático de Xeotécnica da Universidade Politécnica de Madrid; e Gregorio Igrexas, catedrático de Enxeñería de Costas da Universidade de Cork (Irlanda).

O SEGUNDO LUGAR MÁIS VISITADO DE GALICIA

Completaron o equipo as tituladas en Xeoloxía Cristina Riesco e Ana María Plaza, así como o equipo de topografía Núcleo Galicia.

Recorda a institución académica que a Praia das Catedrais é o “segundo lugar máis visitado de Galicia -só superado pola basílica de Santiago de Compostela-, cunha afluencia media de 500.000 visitantes anuais”, e “durante o recoñecemento xeolóxico dos expertos, constatouse que a caída de pequenos bloques” é diaria, especialmente “durante e logo de temporais intensos“.

 “Esas caídas pasan desapercibidas porque durante os episodios de tempo adverso non hai visitantes na praia e porque quedan cubertas pola area de forma moi rápida“, explica a UDC, quen tamén precisa “que o cambio climático repercute na degradación deste monumento natural” e na “cantidade de rochas ou fragmentos que se caen do cantil”.

481 IMAXES CON DRON

O traballo realizado neste completo informe incluíu un recoñecemento xeolóxico de campo moi minucioso e detallado de todo o monumento natural durante varias semanas. “Tomáronse 481 fotos de alta resolución cun dron que permitiu detectar zonas inestables con risco de caída inminente”, concreta a UDC. “Tendo en conta que a ondada é o motor principal dos procesos litorais determinouse o clima marítimo en augas profundas e como modifica a propagación da ondada ata a praia”, afonda.

OS CIENTÍFICOS AVOGAN POR UN “PERCORRIDO ACONDICIONADO” E SINALIZAR AS ZONAS “DE RISCO ALTO”

Nas conclusións do informe, segundo explica o profesor Luís Medina, permítese manter o libre acceso dos visitantes, pero “deben sinalizarse as zonas e elementos considerados de risco moi alto, debido á alta probabilidade de caídas de bloques”.

Ademais, proponse un percorrido acondicionado para os visitantes no “bordo do cantil”, pero aproveitando a pasarela existente, cun prolongación da mesma e a instalación de miradoiros.

MÁIS VIXILANCIA

“Ese percorrido permite contemplar o monumento desde unha perspectiva diferente e máis segura á que se consegue desde a praia”, explica Medina, dado que posibilita que “os visitantes poidan velo en condicións de marea desfavorable e evita o deterioro da cobertura vexetal na parte superior do acantilado”.

O mesmo estudo, que inclúe un recoñecemento xeolóxico da zona e un estudo biolóxico das especies de flora e fauna presentes no acantilado, tamén indica que debería aumentarse a vixilancia para garantir o cumprimento das sinalizacións.

OUTROS EXPERTOS PIDEN PROHIBIR A VISITA Á PARTE ALTA

Un dos estudosos máis prestixiosos a nivel galego sobre Xeoloxía e en concreto sobre o areal de Ribadeo é Juan Ramón Vidal Romaní, que realizou un informe para a Xunta de Galicia sobre o estado do Monumento Natural. Consultado polo Xornal da Mariña días atrás, o xeólogo fai fincapé en que se debe prohibir pisar os cantís.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...