InicioEconomíaA Xunta anuncia recurso contra a anulación dun parque eólico de Norvento...

A Xunta anuncia recurso contra a anulación dun parque eólico de Norvento en Mondoñedo

O TSXG tombou o proxecto ao entender que a empresa pretendía realizar "unha división artificial" das instalacións en dúas partes

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Francisco Conde, anunciou que o Goberno galego presentará recurso contra a anulación dun parque eólico de Norvento en Mondoñedo que afecta o Camiño de Santiago.

O pasado mes de novembro transcendeu que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso interposto por dez particulares contra a aprobación definitiva dese proxecto, que é o de parque eólico Sasdónigas, en Mondoñedo.

Este mércores, no pleno do Parlamento, e ante unha interpelación do deputado do PSdeG Martín Seco, Conde rexeitou que se acuse á actual Administración “dunha política de fraccionamento de parques“.

E é que o fallo da sala sobre o devandito parque entende que Norvento pretendía realizar “unha división artificial dun único parque eólico en dúas fases”, de aí a súa decisión de anular a autorización.

“Nós analizaremos esa sentenza e presentaremos o recurso correspondente respectando a posición do Tribunal Superior de Xustiza”, afirmou na Cámara o vicepresidente segundo.

Por parte dos socialistas, Seco mostrou “preocupación” polo que ocorre na comunidade nas “negociacións entre propietarios e empresas promotoras” de instalacións eólicas.

“Por que lle teñen medo á transparencia? A Administración autonómica non fomenta mecanismos de transparencia… Por que prefiren porse de costas aos nosos veciños?”, interrogou ao conselleiro.

Pola súa banda, Francisco Conde lamentou que o deputado do PSOE acuda a “tentar xerar confusión sobre normativas concretas que se están cumprindo” e tamén “que repita os mesmos argumentos do BNG e cifras erróneas”.

Neste sentido, aludiu a unha elevada porcentaxe de acordo cos veciños para a implantación de parques, taxa que situou no 85% nalgúns e “mesmo” no 100% noutros. Propietarios dos terreos sobre os que se asenta o parque eólico Sasdónigas denunciaron ofertas “miserentas” por parte de Norvento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...