Mariña Patrimonio organiza o mércores unha charla de Fran Canosa sobre a xeoloxía da comarca

Neste relatorio online farase un percorrido por aqueles puntos máis salientables, como Burela ou a praia das Catedrais

Ruta xeolóxica en Burela. AXM

A asociación Mariña Patrimonio, no marco das actividades en liña programadas e para rematar as deste ano 2020, organizará o vindeiro mércores 30 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar no Facebook a charla en directo “A Mariña, un escaparate xeolóxico” a cargo de Francisco Canosa, doutor en xeoloxía.

“A variedade e riqueza xeolóxica do norte da provincia de Lugo, fan da Mariña un lugar cun patrimonio xeolóxico excepcional. Nesta charla farase un breve percorrido por aqueles puntos máis salientables, nos que se describirá a orixe, características e evolución xeolóxica. Algúns destes lugares están integrados no programa “Global Geosites“, o que quere dicir que son puntos cun patrimonio xeolóxico de relevancia internacional, como é o caso de Burela ou a praia das Catedrais. Pero nesta exposición tamén haberá tempo para falar da xeoconservación e iniciativas que están a axudar a que o patrimonio xeolóxico da Mariña teña un maior recoñecemento social, imprescindible para protexer e conservar este gran legado da historia do noso planeta”, expón Canosa.
 
Os comentarios e as preguntas que se poñan durante o directo serán transmitidas ao relator para que sexan contestadas ao final do mesmo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here