A ordenanza para regular o tráfico no casco antigo de Viveiro comezará a aplicarse o luns

A normativa aspira a quitar os coches da zona monumental, á que se terá acceso principalmente por Maruxa Mallo e Irmáns Vilar Ponte

Mapa do casco. AXM

O Concello de Viveiro anuncia que o próximo luns, 25 de xaneiro, entrará en vigor a ordenanza sobre a regulación do tráfico no casco antigo do municipio. Dita normativa fora aprobada polo pleno da corporación o pasado 1 de decembro de 2020.

Coa entrada en vigor de dita ordenanza, as entradas e saídas ao casco antigo realizaranse polas rúas referidas no plano axunto. Así, Maruxa Mallo e Irmáns Vilar Ponte serán os principais puntos de entrada e saída ao casco antigo.

Este mapa tamén figurará no reverso dos Distintivos de Acceso Restrinxido. A veciñanza poderá solicitar estes distintivos nos seguintes supostos:

  • Usuarios de garaxes (Distintivo G).
  • Titulares de establecementos comeciais (Distintivo EC).
  • Servizos de distribución e reparto (Distintivos D e DP).
  • Mercado semanal (Distintivo M).
  • Acceso a persoas con dificultades de mobilidade temporal ou definitiva (Distintivo MR).
  • Servizos esencias para a comunidade (Distintivo S).
  • Residentes (Distintivo R).
  • Empresas de servizo de comida rápida, reparto asistencial de comida a domicilio, reparto urxente de medicinas (Distintivo RR).
  • Obras (Distintivo O).
  • Eventos e celebracións (Distintivo EV).
  • Autorizacións extraordinarias (Distintivo EX).

A partir do 25 de xaneiro, o Concello de Viveiro habilitará un modelo de solicitude que estará dispoñible no rexistro municipal, na sé electrónica e na páxina web do Concello. Tamén se indicará a documentación que se deberá achegar en cada suposto.

DEBERÁN TRAMITARSE DE NOVO TODOS OS PERMISOS DE ACCESO

Dende o Concello de Viveiro expoñen que as solicitudes de acceso ao casco tramitaranse “no menor tempo posible, pero recordan que teñen que expedirse de novo todos os permisos de acceso, o que levará un certo tempo”.

Ademais, o goberno municipal traslada que, nas primeiras semanas, a Policía Local “realizará unha labor de información e concienciación para a adaptación íntegra ao establecido nesta ordenanza”.

Dende o Concello de Viveiro “pregan aos interesados que soliciten os distintivos de acceso restrinxido o antes posible e que leven consigo a copia da solicitude cando circulen polo interior do casco antiguo, mentres non dispoñan da autorización e do distintivo. Ademais, o goberno local recorda que se deben cumprir os requisitos establecidos na ordenanza, tanto en materia de horario como en tempo de permanencia, así como outras cuestión reguladas na mesma”, finaliza o executivo municipal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here