InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG pedirá no Parlamento revisar os materiais e axilizar a obra...

O BNG pedirá no Parlamento revisar os materiais e axilizar a obra nas cubertas do mosteiro de Lourenzá

Os nacionalistas lamentan que se presente a utilización dunha chapa metálica para evitar filtracións no BIC "como unha solución para catro anos"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG anunciou este venres a través dun comunicado de prensa que levará ao Parlamento de Galicia a reparación do mosteiro de San Salvador de Lourenzá. A formación nacionalista demandará a “revisión dos materiais empregados” e a “axilización” das obras que está a realizar o bispado nas cubertas do edificio.

O deputado mariñao Daniel Castro expuxo que, “diante da problemática xurdida arredor das obras promovidas pola Dirección Xeral do Patrimonio no Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, que leva anos nun deplorable estado de conservación tanto nos claustros coma nos espazos transversais do propio edificio, o BNG vén de presentar no Parlamento de Galiza unha iniciativa ao respecto”.

CRÍTICAS DA ASOCIACIÓN PATRIMONIO LAURENTINO

O bispado anunciou a execución de obras “de emerxencia“, cun investimento de arredor de 126.000 euros, ante a situación das cubertas, “que presentan desde hai anos nalgunhas zonas un estado moi deficiente, supoñendo un risco serio para a conservación do inmoble”. As actuacións foron motivo de queixa por parte da asociación Patrimonio Laurentino, que lamentou “o impacto visual” das mesmas -debido, entre outras cuestións, á utilización dunha chapa metálica nun Ben de Interese Cultural (BIC)- e avogou por unha intervención “definitiva”.

O partido frontista salienta o “estupor” da sociedade de Lourenzá por “como desde a Dirección Xeral de Patrimonio permiten nesta obra a colocación de materiais coma chapas metálicas como solución para os próximos catro anos nun Ben de Interese Cultural, cando no caso de obras de particulares a supervisión é moito mais estrita”.

Videoconferencia do BNG laurentino con Castro. AXM

A OBRA É “DE EXTREMA NECESIDADE”, PERO DEBE FACERSE “RESPECTANDO OS CRITERIOS” DE CONSERVACIÓN

Desde o BNG laurentino, Áurea Vázquez e Kike Rocha apuntan tamén que “esta é unha obra de extrema necesidade ao levar varios anos nun penoso estado de conservación, máxime cando é un BIC, emblema do noso concello, e alberga tamén o Museo de Arte Sacro, o Museo da Faba, a Oficina de Correos, a Casa Consistorial e dependencias civís, pero eso non xustifica que a Administración autonómica permita o feito de que se poida reparar un inmoble de tanto valor patrimonial con chapas metálicas e que estas poidan permanecer ata un período de catro anos”.

Castro manifestou que “presentamos esta proposición non de lei para que o Parlamento inste á Xunta de Galiza a revisar a elección dos materiais empregados na reforma da cuberta do Mosteiro de San Salvador e reducir o prazo máximo de permanencia de dita reforma de catro anos a dous. Queremos que esta obra se faga o mais rápido posible pero respectando tamén os criterios de intervención marcados pola propia DXP”, finaliza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...