InicioM.ambiente e PatrimonioO goberno do Valadouro levará a pleno o xoves o plan contra...

O goberno do Valadouro levará a pleno o xoves o plan contra incendios forestais

O obxectivo principal do proxecto é, expón o executivo municipal, "a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno do Valadouro presentará o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais no próximo pleno ordinario, que se celebrara o vindeiro xoves día 4 ás 20.00 horas de xeito telemático sendo retransmitido pola canle municipal de YouTube.

Segundo lembra o Concello, a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estrutura o planeamento de defensa do espazo rural fronte aos incendios forestais, en varios niveis: galego, de distrito, municipal e inframunicipal. No seu artigo 7 atribúe a competencia aos Concellos de elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais.

O obxectivo principal do plan municipal de prevención é, expón o executivo municipal, “a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas”.

O documento recolle, por tanto, as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación actual, e establece unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación a realizar para acadar os obxectivos propostos.

“Se a votación é favorable dito plan someterase a exposición publica durante 20 días, amosando a relación de parcelas afectadas. Nese listado pódense consultar as referencias catastrais, a superficie total e a superficie de afección de cada una das parcelas. Estas están agrupadas polo número de plano no que aparecen representadas graficamente. Dita relación poderá verse afectada pola modificación do parcelario ou por correccións ou actualizacións do presente Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais”, conclúe o executivo municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...