InicioM.ambiente e PatrimonioCervo actuou sobre máis de 200 acacias en Sargadelos a fin de...

Cervo actuou sobre máis de 200 acacias en Sargadelos a fin de controlar a especie

O Concello aplica un método na na contorna do Paseo dos Namorados para frear o espallamento dunha árbore "que representa unha ameaza para a paisaxe e biodiversidade galega"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo está a realizar estes días tarefas de control e eliminación da Acacia Melanoxylon, “unha especie procedente do sueste de Australia e Tasmania altamente invasora e que representa unha ameaza para a biodiversidade e a paisaxe galegas”. Así o indicou o goberno municipal nun comunicado.

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegouse ata a contorna do Paseo dos Namorados onde se están a levar a cabo estas tarefas, para coñecer de primeira man o proceso que consiste no control da acacia “a través dun método ecolóxico consistente en eliminar a casca dende o chan ata aproximadamente 1,5 metros de altura”.

O que se busca con este proceso é entorpecer os sistemas de transporte de nutrientes da árbore, de xeito que o zume elaborado non poda circular pola planta e chegar á raíz. Como consecuencia tanto a raíz como os demais órganos da planta secarán.

“Nas últimas semanas, actuouse sobre máis de 200 acacias detectadas no espazo natural de Sargadelos, que proliferan dada a súa gran capacidade de adaptación ás condicións climáticas que fai que está especie estea actualmente descontrolada“, indica o Concello.

“A gran capacidade invasora desta árbore débese a varios factores como pode ser a súa capacidade de rexeneración, a alta efectividade na dispersión e xerminación de sementes ou o seu poder para eliminar potenciais competidores baixo a súa copa ao liberar substancias que inhiben o seu crecemento”, conclúe a nota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...