InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta adxudica a redacción do proxecto da planta de biorresiduos de...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da planta de biorresiduos de Cervo

É a terceira que se construirá en Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

Xunta adxudicou por case 97.000 euros o contrato de redacción do proxecto básico para construír unha nova planta de compostaxe de biorresiduos no concello lucense de Cervo, a terceira das catro instalacións deste tipo que ten previsto pór en marcha en Galicia.

En concreto, a nova instalación situarase no polígono de Cuíña e a súa capacidade de tratamento será de 3.000 toneladas ao ano de residuos domésticos e 1.600 toneladas de podas e restos de madeira. Con iso, espérase alcanzar unha produción anual de 1.500 toneladas de compost de alta calidade, que se destinará a abono natural.

Esta planta dará servizo a 15 concellos do arco cantábrico galego –o que beneficiará a uns 70.000 habitantes– e será deseñada para que poida albergar a totalidade do proceso de compostaxe dos residuos recibidos –pretratamiento, fermentación, maduración, almacenamento, tratamento de aire e de augas–.

Ademais, a instalación, que se alimentará con enerxía renovable, contará con tecnoloxías modernas de tratamento e control de cheiros e ruídos. O investimento total prevista nesta edificación é de 5,5 millóns de euros e a previsión é que dea emprego a entre 8 e 10 persoas.

A de Cervo é unha do tres novas plantas destinadas ao tratamento e xestión dos biorresiduos domésticos que promove a Xunta, as cales se sumarán á que xa está en funcionamento en Cerceda (A Coruña). O obxectivo é que cada provincia conte cunha instalación deste tipo.
Así, as outras dúas novas plantas localizaranse en Vilanova de Arousa (Pontevedra) –cuxo proxecto foi adxudicado a principios de mes– e Verín.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...