Xunta e Bispado presentarán mañá o proxecto de restauración das pinturas murais da Catedral de Mondoñedo

No acto participará o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez

O proxecto de restauración das pinturas murais presentarase mañá. BISPADO

A Diócese de Mondoñedo-Ferrol anunciou este luns que mañá, martes 30 de marzo, terá lugar a presentación oficial do proxecto de restauración das pinturas murais da Catedral de Mondoñedo.

Segundo concretou o bispado a través dun anuncio nas súas redes sociais, a presentación celebrarase desde as 10.15 horas, e contará coa participación do conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.

A Catedral de Mondoñedo, que recentemente cumpriu oito séculos de historia, foi recoñecida como Patrimonio Mundial pola Unesco en 2015 e foi declarada como Ben de Interese Cultural, sendo un dos templos de referencia do Camiño Norte a Santiago de Compostela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here