InicioM.ambiente e PatrimonioA asociación Ribeira de Foz pide un "cronograma real" para o dragado...

A asociación Ribeira de Foz pide un “cronograma real” para o dragado do Porto Chico

A asociación lembra que mantivo xa numerosas entrevistas con organismos e deputados para axilizar as obras.

Publicada o

A asociación Ribeira de Foz critica que non “hai nada feito” sobre o dragado de Porto Chico tras a presentación dunha nova Proposición Non de Lei (PNL) na Cámara galega sobre a urxencia das actuacións neste peirado, que o PP votou en contra.
Así, destaca que as actuacións van lentas pero non pola súa insistencia en reclamar celeridade, senón porque desde o 2017 pouco se ten feito xa que “os trámites nin comezaron”. “Miren señores deputados, a pesar de otod isto que pode chegar a desquiciar, non imos rendernos en Foz”, indica nun comunicado.
A asociación lembra que mantivo xa numerosas entrevistas con organismos e deputados para axilizar as obras no Porto Chico e, por iso, insiste en pedir un “cronograma real de actuacións” para solucionar os graves problemas deste porto.
A PNL , que o PP votou en contra, instaba á Xunta a entrevistarse cos colectivos profesionais, recreativos e culturais afectados polo estado do Porto Chico e presentar ante o parlamento un proxecto acompañado de cronograma e partidas orzamentarias, “para acometer unha mellora integral” deste peirao que recolla a “mellora das condicións de abrio do mesmo e unha mellora na seguridade, así como o aumento de prazas de atraque”. No 2019 o PP, e todos os grupos, votaron a favor dunha iniciativa semellante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...