InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo lembra a súa "campaña valente e inédita" para loitar contra os...

Ribadeo lembra a súa “campaña valente e inédita” para loitar contra os incendios

Emite un bando lembrándolles aos propietarios dos terreos a necesidade de telos rozados antes do remate do mes de maio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo segue na loita contra os lumes forestais e ven de publicar un Bando lembrándolles aos propietarios dos terreos a necesidade de telos rozados antes do remate do mes de maio. Refírese a aqueles que abranguen unha faixa de 50 metros ao redor de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable e de vivendas illadas.

O bando é un recordatorio de que, de acordo coa lei galega nos seus artigos 21 e 22, non poderán existir nin rexotar especies como pinos, eucaliptos, acacias ou mimosas, ademais de ter que seren rozados todos os anos, antes do remate do mes de maio de cada ano.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliñou que o Concello iniciou no 2018 unha campaña “valente e inédita” a nivel galego para a protección dos núcleos de poboación e das vivendas illadas contra os lumes forestais, “de aí que ordenásemos que non podía haber especies arbóreas de alta combustibilidade a menos de 50 metros”.

A través dun comunicado, o rexedor indicou que que o concello leva varios anos traballando activamente na protección dos núcleos de poboación e das vivendas illadas contra os lumes forestais.  Suárez Barcia lembrou que “daquela foron trasladadas centos de comunicacións e centos de requirimentos” e que moitos propietarios fixeron caso do que marca a lei e limparon, talaron e desbrozaron os seus predios para “evitar desgrazas no caso de haber incendios forestais”.

O alcalde dixo que “tamén, desde o Concello, levamos anos compensando dalgún xeito a todos estes propietarios coa entrega que facemos cada ano de especies frondosas autóctonas coma castiñeiros, carballos, acivros, etc…, para que se repoboen estes espazos a fin de evitar que a broza medre cada ano e que haxa que proceder á súa limpeza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...