Clamor en contra do proxecto da praia de Altar: ecoloxistas e entidades de pesca deportiva presentaron xa alegacións

A Subdelegada do Goberno reuniuse cos concellos de Foz e Barreiros e di que analizará con toda atención e sensibilidade os argumentos que expoñan os dous concellos.

Praia de Altar, en Barreiros. AXM

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e entidades de pesca deportiva, RD Pesca ou IFSUA FEDAS, piden a reitada do o proxecto de estabilización da praia de Altar presentado polo Goberno central polo impacto ambiental e tamén económico. De feito, varias destas entidades presentaron xa alegacións ao proxecto do ministerio.
Así, a SGO critica o “impacto ambiental crítico e irreversible” sobre a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA ES0000373) Ría de Foz e Zona de Especial Conservación (ZEC ES1120011) Ría de FozMasma. Nas alegacións presentadas di que se verán afectado especies vulnerables como a píllara ou as aves invernantes e migrantes da ría polas obras e dragados que están previstos e tamén as praderías de costa e os bancos marisqueiros.
RD Pesca, IFSUA FEDAS – Federación Española de Actividades Subacuáticas- e varios clubes tamén se opoñen a este proxecto. Denuncian que en ningún momento foron consultados a pesar de ofrecer a súa axuda e non recibiron desde hai tres meses “ni un miserento contacto por parte da administración”.
Ecoloxistas e entidades deportivas insisten en que o proxecto do ministerio “non atende a ningunha das súas peticións” e está cheo de “incongruencias”. Tamén rexeitas as xustificacións ecolóxicas, paisaxísticas, económicas ou de vixiancia e furtivismo dadas polo Ministerio de Pesca.
Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Galicialembrou que o proxecto está sometido a exposición pública ata finais desta semana para que tanto as administracións municipais como calquera colectivo ou cidadán interesado poida dar a súa opinión e formular propostas coas que tratar de resolver o problema de estabilidade na praia de Altar.
XUNTANZA COS ALCALDES

Precisamente, Isabel Rodríguez reuniuse este luns cos alcaldes de Barreiros, Ana Hermida, e Foz, Francisco Cajoto, para tratar sobre o proxecto de estabilización da praia de Altar. Na xuntanza,  tamén participaron o xefe do servizo provincial de Costas, José Miguel Estevan, e os tenentes de alcalde de Barreiros María do Carmen Veiga e de Foz Francisco Xavier Fanego.

Isabel Rodríguez destacou que a xuntanza, convocada a petición dos dous alcaldes para expoñer o seu punto de vista respecto do proxecto, foi moi cordial e construtiva e agradeceu a boa disposición dos mandatarios municipais. A subdelegada adiantou que o Goberno analizará con toda atención e sensibilidade os argumentos que expoñan os dous concellos, pois “as dúas administracións municipais son quen mellor representa o sentir da cidadanía de Barreiros e Foz”.

BARREIROS

Pola súa banda, o Concello de Barreiros entende que é precisa a reformulación do tipo de solución a adoptar para estabilización da Praia de Altar e a incidencia que se produza na zona do estuario do Masma. Neste sentido, nonconsidera oportuno neste momento a posta en marcha da tramitación administrativa tendente á execución do “proxecto de estabilización da Praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental”, por “consideralo excesivamente duro no impacto que poida producir na zona a outros niveis”.

“Considérase máis oportuno, se procede, o estudo e realización doutras alternativas menos agresivas a nivel medioambiental e paisaxística, aínda sendo conscientes da fraxilidade e/ou provisionalidade de ditas actuacións; como pode ser o imprescindible dragado dunha zona ampla do estuario e o estudo da posibilidade de aproveitamento da area extraída no mesmo”, indica a través dun comunicado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here