InicioM.ambiente e Patrimonio(Vídeo) O Camiño do Norte, a gran paixón de Emilio Piñeiroa

(Vídeo) O Camiño do Norte, a gran paixón de Emilio Piñeiroa

Deixa moitos traballos feitos sobre cultural de Barreiros, Foz, Ribadeo e Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

Tiña 68 anos. Era profesor, divulgador pero, sobre todo, un gran coñecedor e amante da Mariña e da súa historia. Emilio Piñeiroa deixa un legado que perdurará moito tempo na memoria da comarca.

Autor de varios traballos sobre o patrimonio cultural da zona, especialmente dos municipios de Barreiros, Foz, Ribadeo e Trabada, foi un gran defensor do Camiño Norte, do que realizou estudos. De feito, é coautor dun vídeo sobre o mesmo ao seu paso polo seu municipio natal.

Ademais realizou outros estudos sobre o santuario de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, en Arante, das que era un gran coñecedor; o megalitismo en Trabada, os pombais de Barreiros ou sobre a prehistoria en Ribadeo, xunto a rutas de sendeirismo e en bicicleta polo concello barreirense, entre outras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...