InicioM.ambiente e PatrimonioOllo, moita ondada e mal tempo na costa da Mariña este mércores

Ollo, moita ondada e mal tempo na costa da Mariña este mércores

O vento será de forza 7.

Publicada o

- Advertisement -

Unha fronte atlántica chegará este mércores á Península e ao seu paso deixará ceos nubrados, precipitacións no terzo norte e forte ondada no litoral cantábrico, desde A Coruña ata o Golfo de Biscaia.

Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que espera unha subida case xeneralizada da temperatura, A Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia e Guipúzcoaestarán en risco de nivel amarelo por fenómenos costeiros.

En concreto, na Coruña avisa porque o vento do suroeste soprará con forza 7 e mesmo localmente con forza 8 mar dentro e o mar combinado provocará ondas de 4 a 5 metros.

En Lugo, na costa da Mariña, o vento soprará de oeste ou do suroeste con forza 7 ao redor de Estaca de Bares e mar dentro. Mentres, o aviso amarelo en Asturias, Cantabria, Guipúzcoa e Biscaia o vento do oeste soprará con forza 7.

Ademais, os ceos estarán nubrados ou cubertos en Galicia. As precipitacións poderán ser en forma de neve a partir de 1.600 a 2.000 metros, aínda que en Pireneos estará inicialmente ao redor de 1.300 a 1.600 metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...