InicioM.ambiente e PatrimonioOllo... os colectores amarelos non son para os xoguetes ou os plásticos...

Ollo… os colectores amarelos non son para os xoguetes ou os plásticos dos silos

Barreiros estende a recollida de envases lixeiros a todo o rural para fomentar a reciclaxe de residuos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de instalar 30 novos colectores amarelos para o depósito de envases lixeiros ao longo de todo o núcleo municipal. Segundo explica o edil de medio ambiente nun comunicado, Dámaso Ratoeira, con estes novos colectores preténdese facilitar a reciclaxe de residuos ás persoas con independencia de o de residan” . Por iso, dixo“realizou un reforzo especial nas parroquias do rural para tratar de achegar a rede de reciclaxe á totalidade da poboación.”

Nos vindeiros días, a empresa encargada da recollida selectiva porá en marcha novas rutas para dar entrada aos puntos novos de reciclaxe polo que desde o Concello trasladan que “é posible que nos primeiros días poidan existir desfases na recollida que se irán solventando a medida que se adapten as rutas ao uso e ás necesidades de cada punto.”

Con esta ampliación, que inclúe a colocación de colectores amarelos en lugares como A Insua, A Rilleira, Morteiro, Val do Caínzo ou Ibia, preténdese dotar do servizo de recollida selectiva á maioría de lugares de poboación, especialmente nas parroquias do interior que carecían en moitos casos de colectores deste tipo, ao mesmo tempo que se reforzan nas parroquias costeiras. “A pretensión é dar cobertura da recollida de residuos selectiva á maioría do concello, por iso creamos novos puntos que permitan mellorar a reciclaxe de residuos”, explica Ratoeira.

“NON É PARA OS PLÁSTICOS DOS SILOS”

O edil lembra tamén que “aínda que comumente se denomina o colector amarelo como “dos plásticos”, non calquera tipo de plástico vai ao amarelo; senón que debe usarse para depositar exclusivamente envases lixeiros de uso doméstico coma latas, bricks ou botellas de plásticos, pero nunca plásticos industriais coma os dos silos -para os que existe un servizo específico no punto limpo- ou outro tipo de obxectos coma xoguetes.”

Esta ampliación da rede de colectores amarelos súmase á colocación de novos colectores de reciclaxe de papel e cartón  que se foron colocando en distintos puntos e renovando algúns dos existentes; así como a un novo colector de roupa usada colocado en San Miguel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...