“Barcos como o galeón de Ribadeo eran as naves espaciais da época”

Os científicos publican os resultados dos estudos sobre o 'Santiago de Galicia' e o 'Santa María Magdalena', afundidos na Mariña Lucense

Momento dos traballos realizados no galeón de Ribadeo. AXM

Publicaronse por fin os resultados das análises químicas dos restos do galeón ‘Santiago de Galicia‘, afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada EspañolaSanta María Magdalena‘, botada no 1773 en Ferrol e que foi a pique no 1810 en Viveiro.

Os resultados das investigacións evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con carballo do noroeste peninsular, e que en Europa fóronse tecendo rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeiras destinadas ás frotas española e portuguesa, que constitúen “o motor da primeira globalización“.

“A MÁIS ALTA TECNOLOXÍA”

Aqueles navíos das armadas española e portuguesa eran “a máis alta tecnoloxía da Idade Moderna“, comparables no noso tempo ás “naves espaciais“, salienta a científica Ana Crespo Solana, que confirma que o galeón de Ribadeo “é o mellor conservado dos que coñecemos”.

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here