O BNG culpa a PSOE e PP da incerteza sobre a hidroeléctrica proxectada no Valadouro

Demandan información rigurosa á Xunta e ao Goberno do Estado que son as institucións con competencias na materia.

Daniel Castro, do BNG, na súa intervención. AXM

O BNG da Mariña sinala nun comunicado que diante da situación de preocupación e incerteza que se está a vivir no Valadouro e Alfoz e na Mariña en xeral, coa ubicación da Central Hidroeléctrica Reversible Xistral proposta por Atalaya Generación-Desarrollos del Malache. Esta información foi comunicada aos concellos afectados desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico abrindo un período de consultas nos mesmos.

O BNG anuncia que levará “senllas iniciativas ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento de Galicia co obxecto de que os gobernos do PP e do Psoe na Xunta e no Estado, “que son os que teñen todas as competencias en materia de enerxía, medio ambiente, medio rural, poñan toda a información e de xeito riguroso a disposición de concellos e veciñanza“.

Para o BNG “a preocupación suscitada pola ubicación desta central para producir e comercializar enerxía debe darse con todo rigor e con todos os datos”, máxime no momento en que a comarca da Mariña atravesa unha situación preocupante no eido industrial e no emprego polo que tanto PSOE como PP deben estar á altura das institucións que representan (Goberno da Xunta e Goberno do Estado) que son as que tenen toda a responsabilidade neste asunto.

PP E PSOE, RESPONSABLES DA DELICADA SITUACIÓN QUE ATRAVESA A MARIÑA

Desde a formación nacionalista piden tamén a PP e PSOE que “non utilicen neste e noutros casos anuncios-reclamo de inversións millonarias e grandes beneficios para as economías municipais como condicionantes para levar adiante proxectos que non están testados nin contrastados polo momento”.

O BNG sinala que no Congreso coma no Parlamento de Galicia son PSOE e PP quen deben dar explicacións, porque “na complicada situación que atravesan a Mariña e o seu futuro teñen moito que ver os dous partidos estatais que durante décadas deixaron á comarca sen infraestruturas” e sen ningún tipo de planificación industrial e enerxética en Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here